O Mago Antón sostendo unha carta baixo unha luz dourada

O Mago Antón presenta

Cagliostro

Unha historia de maxia no Camiño

Maxia, teatro e misterio dentro dun teatro que percorre Galicia.

Xira 2026

O espectáculo

Non é un espectáculo normal.

É maxia. É teatro. É unha viaxe polo Camiño.

01

Maxia

Ilusionismo e grandes efectos a poucos centímetros do público.

02

Teatro

Unha historia contada en directo por dous grandes intérpretes.

03

Camiño

Unha lenda galega que percorre as rutas xacobeas.

04

Experiencia

Un teatro itinerante que chega directamente ás vilas e cidades.

O Magomóbil

Un teatro que viaxa.

Imaxina que o teatro non estivese nun edificio. Imaxina que puidese chegar á túa vila.

O Magomóbil aberto nunha praza de pedra pola noite
Interior do Magomóbil con butacas e luz teatral
Público sorprendido durante o espectáculo

Un tráiler de máis de 16 metros convertido nun espazo escénico inmersivo para 70 persoas. Chova ou faga sol, a maxia acontece dentro.

  • Iluminación teatral
  • Son envolvente
  • Ambientación sensorial
  • Climatización
  • Efectos de ilusionismo
  • Escenario a poucos metros de ti

70

espectadores

+1 h

de espectáculo

16 m

de teatro itinerante

365

días ao ano

Coñecer o Magomóbil en directo
Sandalias, capa e un vello libro de maxia sobre pedra mollada

A lenda

Hai unha lenda que o Camiño aínda non esqueceu.

Conde de Cagliostro é un gran mago ocultista do século XVIII e un vividor. Cando está a piques de morrer, decide peregrinar dende París a Compostela para redimir os seus pecados.

Esgotado tras un longo peregrinar, ao chegar a Roncesvalles a oitocentos quilómetros de Compostela, o Conde toma unha decisión drástica vencido pola fatiga. Unha noite, reúne aos demais peregrinos para executar o que sería o seu gran número de maxia.

Ante a mirada atónita e o abraio absoluto dos presentes, Cagliostro esvaécese por arte de maxia. Os peregrinos, abraiados e incapaces de dar crédito ao que vían os seus ollos, só atoparon no chan as roupas, as sandalias e o seu enigmático libro de maxias.

Conta a lenda que o Conde usou as súas artes para evitar o esforzo do peregrino e aparecer directamente no Obradoiro, fronte as portas da Catedral. Pero o Apóstolo Santiago, que viu que fixera trampa, impídelle o paso e condénao a vagar polo limbo.

  1. 01

    París

    Un mago. Unha promesa. Un último camiño.

    Cagliostro, ocultista e vividor do século XVIII, emprende desde París unha peregrinación ata Compostela para redimir os seus pecados.

  2. 02

    Roncesvalles

    800 quilómetros por diante.

    A oitocentos quilómetros do Obradoiro, o cansazo vence o Conde. Alí toma unha decisión drástica.

  3. 03

    A gran desaparición

    E entón fixo o imposible.

    Ante os demais peregrinos, Cagliostro executa o seu gran número. Desaparece. Só quedan no chan as súas roupas, as sandalias e o seu enigmático libro de maxia.

  4. 04

    Santiago

    Pero a maxia tiña un prezo.

    Aparece no Obradoiro, pero o Apóstolo Santiago descobre a trampa. Impídelle o paso e condénao a vagar polo limbo.

  5. 05

    Séculos despois

    Agora o Mago Antón percorre o seu camiño.

    O Mago Antón, coñecedor da lenda, decide percorrer o camiño inconcluso de Cagliostro. A súa misión: ceibar ao mestre das sombras.

“Será quen o Mago Antón de liberar ao mestre das sombras do seu castigo eterno?”

Retrato do Mago Antón cunha carta na man, iluminado con luz cálida

Mago Antón

50 anos facendo o imposible.

Se hai un nome que é sinónimo de maxia, ilusión e cultura popular en Galicia, ese é o do Mago Antón. Pioneiro do ilusionismo galego, leva media vida conseguindo o máis difícil: que unha sala enteira conteña a respiración ao mesmo tempo.

+50

anos de traxectoria profesional

MaxiaCulturaHumorExperiencia

Antonio Ortuño · “El Brujo”

Unha historia tamén se conta.

Antonio Ortuño achega ao espectáculo a dimensión teatral e narrativa. Palabra, emoción e misterio para sostener a maxia do Mago Antón: cando un fai desaparecer algo, o outro faino importar.

Maxia + Teatro

Antonio Ortuño en escena, iluminado por un foco cálido

A experiencia

Que vas vivir?

Rir

Porque tamén hai picaresca.

Sorprenderte

Porque non todo o que ves pode ser real.

Emocionarte

Porque detrás da maxia hai unha historia.

Formar parte

Porque aquí o público está moi preto do que acontece.

Viaxar

Porque Cagliostro non é só unha historia. É un camiño.

#MicroMaxias

A maxia non espera ao escenario.

Antes de entrar no Magomóbil, a maxia pode aparecer en calquera lugar: unha praza, unha rúa, unha parada no Camiño.

Cartas na Praza do Obradoiro
Cartas na Praza do Obradoiro
Vídeo pendente
Moedas cun peregrino
Moedas cun peregrino
Vídeo pendente
Maxia nun mercado
Maxia nun mercado
Vídeo pendente
O libro que aparece
O libro que aparece
Vídeo pendente
Ver micro maxias#MicroMaxias

A xira

O teatro ponse en camiño.

A primeira ruta de Cagliostro percorre oito vilas galegas entre setembro e outubro de 2026.

SANTIAGO
  • Camiño Portugués
  • Camiño Inglés
  • Fisterra–Muxía
  • Ruta do Mar de Arousa
  • Camiño do Norte
  • Camiño Primitivo
  • Vía da Prata
  • Camiño de Inverno

2026

Comeza a viaxe.

Primeiras paradas nas rutas do sur e do interior.

2027

O ano grande.

O Magomóbil percorre Galicia de punta a punta.

2028

A maxia continúa.

Novas vilas, novos camiños, a mesma lenda.

Próximas funcións

Onde nos ves?

O Magomóbil percorre Galicia este setembro e outubro. Os horarios e a venda de entradas anunciaranse proximamente.

  • 18

    SET 2026

    Ponteareas

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 19

    SET 2026

    Vilagarcía de Arousa

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 20

    SET 2026

    Sanxenxo

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 25

    SET 2026

    Noia

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 26

    SET 2026

    Boiro

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 27

    SET 2026

    Cee

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 03

    OUT 2026

    Culleredo

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente
  • 04

    OUT 2026

    Viveiro

    Cagliostro · Unha historia de maxia no Camiño

    Magomóbil · Horario por confirmar

    Venda proximamente

Ticket Máxico

A túa entrada pode levarte máis lonxe.

Coa entrada de Cagliostro na man, aparecen vantaxes noutros sitios da vila: aloxamentos, restaurantes e experiencias que se suman á noite máxica.

Unha entrada.
Moitas portas.

Maxia para todas e todos.

Accesible

Ramplas homologadas e espazos adaptados.

Confortable

Climatización e espazo interior coidado.

Sostible

Un teatro autónomo que reduce montaxes na rúa.

Cero papel

Reserva e acceso mediante sistemas dixitais.

Universo visual

O que se ve. E o que non.

O Magomóbil aberto de noite nunha praza
Retrato do Mago Antón
Marco de pedra do Camiño entre a néboa
Público sorprendido durante o espectáculo
Antonio Ortuño en escena
Interior do Magomóbil
Maxia de rúa con peregrinos
Camiño de pedra entre a néboa ao anoitecer

O camiño non é o destino.

É a maxia que acontece mentres o percorremos.

E se a maxia fose un lugar?

Ver funcións